Manter o emprego na concertada, obxectivo de Educación segundo os sindicatos

Os sindicatos, pola súa banda, manifestaron que "en boa medida" a solución ao problema está recollida nas propostas de mantemento de emprego que presentaron o 23 de xuño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2022 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación está "disposta a impulsar un acordo de mantemento de emprego" no ensino concertado, segundo expuxeron os sindicatos UGT, CIG e CC OO nun comunicado conxunto tras reunirse co titular do departamento autonómico, Román Rodríguez.

O conselleiro expuxo o impacto da evolución da natalidade na matrícula de centros públicos e concertados e declarou que esta situación esixe a adopción de medidas por parte da Administración.

Os sindicatos, pola súa banda, manifestaron que "en boa medida" a solución ao problema está recollida nas propostas de mantemento de emprego que presentaron o 23 de xuño. Así, insisten en que é o momento de aproveitar "a circunstancia para introducir cambios que emenden carencias, melloren a calidade do ensino e contribúan a dar estabilidade ao emprego".

Neste sentido, subliñaron que algunhas das medidas, ademais, non comportan incremento de orzamento con respecto ao curso anterior. Segundo indicaron, o conselleiro mostrouse partidario a impulsar un acordo de mantemento de emprego.

Os sindicatos tamén destacaron as "carencias" dos traballadores do ensino concertado con respecto aos acordos e "mellores condicións" da maioría das comunidades e convidaron a reactivar a mesa tripartita. O conselleiro, segundo os sindicatos, manifestou que se estudará a posibilidade de retomar os acordos da xubilación parcial.

En 15 días, haberá unha reunión coas patronais para tratar de achegar posturas na procura dun acordo de mantemento de emprego para traballadores.

Román Rodríguez en Roma.. Xunta de Galicia
Román Rodríguez en Roma.. Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta