Nivel máximo de alerta por episodios de calor en 48 concellos de Galicia

Meteogalicia informa que a partir de hoxe e nos próximos días, Galicia seguirá baixo a influencia das altas presións estacionarias ao norte da península, xerando unha circulación do nordés que se irá debilitando progresivamente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2022 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia, a través do seu comité do seu comité de plan de calor, e no marco do plan de actuacións fronte a posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, declarou a situación de alerta por episodio de calor nivel 3 (máximo) en varias zonas de Galicia, ata 48 concellos.

Concretamente, nas Rías Baixas son os seguintes: Barro, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Catoira, Gondomar, O Grove, A Illa de Arousa, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Pontevedra, Portas, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Redondela, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Valga, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Interior de Pontevedra: Agolada, Campo Lameiro, A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín, A Lama, Moraña, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

Ademais, declárase a situación de alerta por episodio de calor nivel 1 noutras áreas que abarcan 90 municipios.

Noroeste da Coruña: Abegondo, Ares, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Cambre, Carballo, Cariño, Carral, Cedeira, Cerceda, Cerdido, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, Laxe, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Mañón, Miño, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Oleiros, Ortigueira, Oza-Cesuras, Paderne, Ponteceso, Pontedeume, Sada, San Sadurniño, Valdoviño e Vilarmaior).

Interior da Coruña: Ames, Aranga, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, A Capela, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Monfero, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, As Pontes de García Rodríguez, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vilasantar.

Valdeorras: O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá e Vilamartín de Valdeorras.

Miño de Pontevedra: Arbo, Crecente, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, O Porriño, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui.

O VENTO DO NORDÉS IRÁ AMAINANDO

Meteogalicia informa que a partir de hoxe e nos próximos días, Galicia seguirá baixo a influencia das altas presións estacionarias ao norte da península, xerando unha circulación do nordés que se irá debilitando progresivamente.

Esta circulación favorece a entrada de aire moi cálido africano. Espérase, así, que un episodio de calor, especialmente ao oeste da provincia de Pontevedra, unha situación que se estenderá este sábado ao oeste e suroeste da provincia da Coruña.

O domingo, a posible formación de brétemas costeiras na zona das Rías Baixas, diminuirá a intensidade do episodio de calor nesta zona.

RECOMENDACIÓNS

Pola súa banda, a Consellería de Sanidade recomenda beber máis líquido do habitual sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos. Deberase evitar inxerir bebidas quentes, alcohólicas, café, té e as moi azucaradas. Tamén se recomenda comer froitas e verduras e evitar as comidas copiosas.

Respecto da vestimenta, recomenda usar tecidos naturais, roupa lixeira e folgada, de cores claras, chapeus, fagas de sol e cremas protectoras solares. O calzado, cómodo, fresco e que transpire.

En canto ao interior de edificios, recomenda permanecer en lugares ventilados ou acondicionados e utilizando as habitacións máis frescas da vivenda. Tamén se poderán usar ventiladores e nos momentos de calor máis intensa, pódese refrescar o corpo cunha ducha ou auga tépeda. Ademais, procurarase evitar aglomeracións de persoas en locais sen aire acondicionado.

No exterior, evitarase, na medida do posible, as actividades a horas calorosas, reducirase a actividade física, buscaranse sombras e, cando se estacione o coche, non se deberá deixar no interior nin a nenos nin a persoas maiores, nin ningún animal de compañía.

Ademais, convén non ir á praia nas horas de máxima calor (mediodía e a primeiras horas da tarde). Tampouco nunca se debe quedar ninguén durmido tomando o sol. Respecto das cremas de protección, utilizaranse as de maior protección posible e nunca inferior a 15.

E se ten parentes ou veciños que viven sós, é conveniente facerlles un seguimento especial estes días, co fin de comprobar que adoptan as medidas recomendadas e o seu estado de saúde é o habitual.

Arquivo - Varias persoas báñanse e toman o sol nunha praia do municipio de Marín, a 5 de xuño de 2021. Beatriz Ciscar - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Varias persoas báñanse e toman o sol nunha praia do municipio de Marín, a 5 de xuño de 2021. Beatriz Ciscar - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta