Temas: MODA

O deseñador de cine Piero Tosi na Temporada Lírica de Afundación

A mostra inclúe vestidos do deseñador, gañador dun Oscar, para as películas Morte en Venecia, Medea (con María Callas) ou El inocente e as óperas A traviata e Don Carlo.

Por GC Tendencias | A Coruña | 20/08/2014 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

A exposición «Piero Tosi, un deseñador de Oscar» inaugura a nova Temporada Lírica da Coruña, que comeza este mércores no Centro Sociocultural de Afundación.

O deseñador Piero Tosi
O deseñador Piero Tosi

Coincidindo coa programación de A traviata na Temporada, nunha nova produción cuxo vestiario está inspirado no que o deseñador Piero Tosi realizou no seu día para o filme O gatopardo, Amigos de la Ópera, a Fundación Tirelli de Roma e Afundación organizan unha mostra con algúns dos vestidos orixinais que o cinco veces candidato ao Oscar, e gañador do Oscar Honorífico por toda a súa carreira o ano pasado, deseñou para filmes como Morte en Venecia de Luchino Visconti e Medea de Pasolini, a única película que protagonizou María Callas. 

Tosi é un dos máis grandes deseñadores de vestiario, traballou con Luchino Visconti, Federico Fellini e Pier Paolo Pasolini, entre outros, e aos seus oitenta anos aínda ensina no Centro Experimental Cinematográfico de Roma. As súas alumnas Milena Canonero e Gabriella Pescucci están entre as máis prestixiosas deseñadoras do cine actual, con Oscar gañados por María Antonieta (S. Coppola) e A idade da inocencia (Scorsese). «Nun mundo ideal, o nome de Piero Tosi serviría como punto de referencia para calquera tipo de excelencia artística», destacan desde Amigos da Ópera.

Aínda que moitas destas películas demostran a pericia de Tosi co vestiario histórico, asegurando que son portadores de carácter, quen condicionou, en certa medida, a súa aparición en «Toby Dammit» á participación de Tosi no proxecto, e os traxes icónicos que ideou para Liliana Cavani en Porteiro de noite (1974) e Eduoard Molinaro en A gaiola das tolas (1978), é a súa longa colaboración con Visconti o que segue sendo a columna vertebral da súa carreira. Por este motivo, a exposición que a Temporada Lírica ofrecerá en Afundación compleméntase coa proxección das películas O gatopardo, Morte en Venecia e O inocente de Visconti, ás que se suma Medea de Pasolini. Os que a visiten poderán ver algúns dos vestidos orixinais que Tosi deseñou para estes filmes, como o célebre veo que Silvana Mangano luciu en Morte en Venecia.

Outras actividades

As actividades paralelas da Temporada Lírica en Afundación complétanse con conferencias como as que o fillo do príncipe de Lampedusa, autor de O gatopardo, o musicólogo italiano Gioacchino Lanza Tomasi, Medalla de Ouro das Belas Artes do Goberno de España, pronunciará o día 3 de setembro, e o director de escena de La traviata, Mario Pontiggia, dará o día 5 sobre as relacións entre Luchino Visconti e a ópera.

O deseñador Piero Tosi
O deseñador Piero Tosi

Os críticos Julio Andrade e Antón de Santiago serán os encargados de lembrar a soprano coruñesa María Luisa Nache. Nache, a única cantante galega que compartiu escenario con María Callas na Scala de Milán, nacida na Coruña hai noventa anos. Ao cumprirse agora, ademais, o 60 aniversario do seu debut no Festival de Ópera, a Temporada Lírica réndelle homenaxe a través destas dúas conferencias e unha breve mostra con algúns dos vestidos que usou nas óperas que cantou nos principais escenarios do mundo, de Milán a Nova York. 

Entre as novidades que a Temporada Lírica tamén ofrecerá estes días na sede principal de Afundación está o ciclo «Outras voces, outros ámbitos», con concertos gratuítos nos que destacados intérpretes ofrecerán visións particulares: o tenor Francisco Corujo fará un repaso polas cancións italianas de Tosti e de autores latinoamericanos (18 de setembro) e a soprano Carmen Romeu aproximarase á canción francesa de cabaré (17 de outubro). 

Afundación será, ademais, a sede do «Curso de interpretación vocal» que Alberto Zedda, o prestixioso director de orquestra italiano, responsable del Rossini Opera Festival en Pésaro, impartirá a partir do 25 de setembro e que concluirá o 11 de outubro cun concerto dos alumnos participantes. Todos os concertos, películas e conferencias serán de acceso libre e gratuíto. A programación ao completo pode consultarse en www.amigosoperacoruna.org.

Temas: MODA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta