O festival 'Abride a Fiestra' pecha o 50 aniversario da Casa Rosalía

Terá lugar o vindeiro domingo 17 de xullo. Os protagonistas musicais serán Leilía e LaMontagne&PicoAmperio e, para as crianzas, Brais das Horta.

Por Galicia Confidencial | Padrón | 11/07/2022 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

A Fundación Rosalía de Castro pon en marcha a cuarta edición do festival ‘Abride a Fiestra’, que terá lugar o domingo 17 de xullo na Casa de Rosalía, e que acollerá diferentes manifestacións culturais tendo a Rosalía como figura central. Con este evento remata os actos do seu 50 aniversario. Entre os protagonistas da fin de semana temos a Leilía, que están a celebrar o seu 30 aniversario; LaMontagne&PicoAmperio e Brais das Hortas para os máis pequenos. 

Casa museo de Rosalía de Castro, en Padrón
Casa museo de Rosalía de Castro, en Padrón | Fonte: Youtube

Nunha xornada de portas abertas nas que ademais se celebrearán os 50 anos da Casa de Rosalía, Pepe Carreiro estará debuxando a Rosalía na Horta da Casa da Matanza; haberá regueifas da man de Luís O Caruncho e Lupe Blanco (ademais d’As Regueifeiras da Semente). E tamén haberá libros e literatura da man de Rompente (Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manolo Romón), o premio Nacional Xesús Fraga; Xurxo Martínez, que presentará ‘Querida liberdade’ sobre a figura de Antón Faraldo; ou Antón Patiño, que acompañado por Menchu Lamas presentará ‘A mirada atlántica’.

Tamén haberá cinema da man da curta sobre Rosalía ‘A Rosa Incandescente’, a presentación do proxecto Es ti que cantas, que convertiu os textos de Rosalía en audiolibros, e tamén un obradoiro de astronomía da man da Agrupación Ío, alén dunha observación nocturna. 

Ademais haberá unha cata de viños auspiciada pola adega Paco & Lola. E regresan as visitas guiadas despois das restriccións por coñecidos persoeiros como Pepe Barro, Manuel Lorenzo Baleirón, María Xosé Bravo, Carlos Dacal e Kathleen March. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta