Activo un incendio en Ribadavia que afecta xa 20 hectáreas

Nas tarefas de control participan catro axentes, 15 brigadas, once motobombas e unha pa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2022 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

Un incendio forestal permanece activo desde a noite do luns no municipio ourensán de Ribadavia, onde arderon xa unhas 20 hectáreas. O lume, segundo informou á primeira hora deste martes a Consellería do Medio Rural, iniciouse ás 22,11 horas do luns na parroquia de Ribadavia e aínda permanece activo.

As primeiras estimacións cifran en 20 as hectáreas afectadas polas chamas. Nas tarefas de control participan catro axentes, 15 brigadas, once motobombas e unha pa. 

Incendio forestal en Galicia, bombeiros e veciños dos pobos tentando apagar o lume prendido nos montes galegos
Incendio forestal en Galicia, bombeiros e veciños dos pobos tentando apagar o lume prendido nos montes galegos | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Por outra banda, o incendio declarado durante o luns na parroquia de Ambosores do municipio lugués de Ourol quedou extinguido ás 22,35 horas. A superficie afectada polas chamas é de 6,4 hectáreas, segundo as últimas estimacións realizadas sobre un incendio declarado ás 13,37 horas "en tres focos diferentes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta