PPdeG e PSdeG renovan o consello da CRTVG sen o BNG e entre reproches cruzados

Saíron elixidos Margarita López Blanco e Álvaro Alonso Filgueira como novo membros, que substitúen aos dous dimisionarios, con 56 votos a favor e 19 en branco.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2022 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

PPdeG e PSdeG renovaron cos seus votos o consello de administración da Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG) sen o BNG nun debate con reproches que chegaron de forma cruzada entre os grupos da oposición e os populares. En todo caso, saíron elixidos Margarita López Blanco e Álvaro Alonso Filgueira como novo membros, que substitúen os dous dimisionarios, con 56 votos a favor e 19 en branco.

Así, o BNG descólgase dunha votación que é habitual que concite o consenso plenario tras poñer condicións para achegar o seu voto positivo: "sinais" de intención para activar o consello de informativos e renovación da actual dirección encabezada por Alfonso Sánchez Izquierdo desde 2009.

Os socialistas fixeron unha intervención moi dura na que falaron de "manipulación" na compañía pública e pediron que "ninguén dubide" do seu "compromiso" co ente público, pero apoiaron a renovación ao apelar a que o consenso para todas esas condicións que puña o BNG se podería lograr á marxe deste trámite. María González Albert, pola súa banda, recriminoulle que os compromisos se teñen que ver cando hai ocasión de "votar".

Mentres, a deputada do PPdeG Raquel Arias lamentou que a actuación do BNG deste martes é "moi grave", xa que rompe os consensos tácitos e pon en cuestión a "confianza" que existe no hemiciclo. Así, minimizou as razóns esgrimidas polos nacionalistas --unha sentenza que condena á CRTVG por "vulnerar" os dereitos dun traballador, e aduciu que era "o 0,35 da lixitiosidade" na compañía.

Votacións no Parlamento de Galicia , elección dos membros da CRTVG
Votacións no Parlamento de Galicia , elección dos membros da CRTVG | Fonte: Europa Press

"COMPROMISO" DO PSDEG

"Que ninguén poña en dúbida o compromiso do PSdeG, porque si, hai manipulación e non hai pluralismo, nin respecto pola lingua, nin consello informativos, nin contrato programa. É dicir, non se cumpre a lei da CRTVG e non pasa nada", expresou, ao comezo da súa intervención, a deputada Noa Díaz en representación do PSdeG, grupo que a pesar de expresarse moi crítico votou a favor dos nomeamentos.

A deputada socialista tamén lamentou "a impotencia" que senten cando comparece na comisión de control da CRTVG o actual director xeral da corporación. Tamén criticou que "non hai información de proximidade" e que en 'prime time' só se emitiron tres películas, que tiveron unha moi alta audiencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta