Rouban as xoias do San Bieito de Cambados

Por E.P. | PONTEVEDRA | 12/07/2022 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

A Garda Civil investiga a desaparición da peza pegada ao manto e das xoias do San Bieito de Cambados xusto na xornada na que se celebraba a festa patronal, este luns.

Así o confirmaron fontes consultadas por Europa Press, que indicaron que o autor se apropiou de pezas de ouro e prata que son, na súa maioría, ofrendas dos fieis --desde crucifixos, a colares, aneis ou medallas--.

O párroco, quen formulou a denuncia, trasladou as súas sospeitas de que alguén puido esconderse na igrexa e aproveitar cando se pechou o templo para efectuar a subtracción das alfaias, despois das misas da mañá. Fontes da Garda Civil incidiron en que non hai un cálculo do valor estimado das alfaias, debido, precisamente, a que se trata, sobre todo, de doazóns dos devotos.

Tras a denuncia da subtracción da peza do manto e as xoias que prendían del, iniciouse unha investigación para dar co autor ou autores dos feitos.

Igrexa de San Bieito en Cambados
Igrexa de San Bieito en Cambados | Fonte: wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta