Rueda apunta que a central das Pontes demostra a transición "sen planificación" do Goberno

"Facendo as cousas ben non habería necesidade destes vaivéns", di o presidente da Xunta ante a posibilidade de reactivación da central térmica das Pontes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2022 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, considera que a posibilidade de reactivación da central térmica das Pontes demostra os "vaivéns" do Goberno central respecto dunha transición enerxética "sen planficación".

A preguntas dos medios en Santiago, Rueda reflexiona acerca de que "hai que facer as cousas planificadamente" en materia enerxética. "Ao final, se non, parece que arroiamos todo e despois hai que volver marcha atrás", sostén.

"Isto o que demostra é o que viñamos dicindo hai tempo: con independencia de circunstancias esóxenas que poidan ter que ver coa guerra ou outras circunstancias, con esta transición enerxética estamos todos de acordo nos fins, pero non nas formas. O Goberno central quere ser o campión de todo, facendo planificacións que agora se demostran que non son adecuadas", asegura.

Deixa claro que "facendo as cousas ben non habería necesidade destes vaivéns, que ademais achegan moitas inseguridades e mostran que unha transición enerxética sen planificación ao final o que provoca é que, á parte de rectificar, polo camiño moitas empresas e moitos traballos pérdense".

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, á súa chegada a unha audiencia co Rei, no Palacio da Zarzuela, a 1 de xullo de 2022, en Madrid (España). O monarca recibe a Rueda con motivo do seu recente nomeamento no cargo.. Gustavo Valente - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, á súa chegada a unha audiencia co Rei, no Palacio da Zarzuela, a 1 de xullo de 2022, en Madrid (España). O monarca recibe a Rueda con motivo do seu recente nomeamento no cargo.. Gustavo Valente - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta