FacingFIRE, o "maior" programa da USC para educación sobre incendios forestais

As actividades da iniciativa terán lugar nos países con maior taxa de incendios do continente: España, Grecia, Italia e Portugal

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2022 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) impulsou FacingFIRE, o "maior" programa europeo de educación sobre incendios forestais, que pretende --cun investimento de 300.000 euros-- "reforzar as capacidades formativas do persoal docente, así como a prevención de incendios, o seu control e a restauración do terreo".

Un comunicado da universidade indicou que a iniciativa, coordinada polo catedrático da USC Agustín Merino García, basea a súa actividade na aplicación da metodoloxía de Aprendizaxe e Servizo como "estratexia educativa". O obxectivo radica en "formar e aumentar a capacitación dos profesionais e mellorar a formación dos estudantes participantes".

Doutra banda, o foco central do proxecto --no que participa a Xunta de Galicia-- atópase nos territorios que rexistran unha maior incidencia de incendios forestais, todos eles no Sur do vello continente. Por iso, as actividades realizaranse en España, Grecia, Italia e Portugal.

VISIÓN "MULTIDISCIPLINAR"

Ademais, cabe destacar a visión "multidisciplinar" do programa, que finalizará en xullo do próximo ano --como indicou Merino a Europa Press--, respecto ao problema que constitúen as queimas forestais. A incitativa tamén estuda a mitigación das causas e a restauración das consecuencias que ocasionan.

FacingFIRE estará complementado por 'Plantando cara ao lume', iniciativa financiada pola Federación Española de Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt). Esta idea --na que participan todas as comunidades autónomas-- atende a unha "proposta educativa e sensibilización ambiental".

Risco de incendio do 11 de xullo de 2022. XUNTA
Risco de incendio do 11 de xullo de 2022. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta