Fronte común da Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo para captar fondos europeos

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, mantiveron este martes unha reunión de traballo para perfilar o novo protocolo de colaboración que proximamente asinarán ambas as institucións e que estará envorcado na captación de máis fondos europeos, en continuar avanzando cara a "igualdade real" na sociedade e en reforzar a colaboración público-privada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2022 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia