Retencións quilométricas na AP-9 antes de entrar en Santiago por mor dun accidente

A carga de dous camións quedou espallada pola autoestrada.

Por Galicia Confidencial | Ames | 12/07/2022 | Actualizada ás 22:35

Comparte esta noticia

Un accidente no que se viu involucrado dous camións que transportaban botellas de vidreo provocou retencións de ata catro quilómetros na AP-9 antes da entrada a Santiago de Compostela. O incidente coincidiu co regreso de centos de persoas a Santiago tras unha xornada de praia.

Accidente de dous camións na autoestrada AP-9
Accidente de dous camións na autoestrada AP-9 | Fonte: remitida

Tras o sinistro, boa parte da carga dos camións quedou espallada nos dous carriles da autoestrada dirección Santiago, o que provocou grandes retencións. O accidente tivo lugar no  antes da áea de servicio Compostela da AP-9 e antes da peaxe de saída a Santiago. Fontes consultadas por GC recomendan que se saia na peaxe de Padrón para evitar as retencións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta