Rueda insiste en que o problema da sanidade é culpa de Sánchez, pero anuncia 106 prazas en Primaria

Pontón volve reclamar a incorporación de medidas por valor de 200 millóns e o mandatario autonómico pídelle que "detalle" como aplicalo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2022 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o próximo ano o Sergas aprobará unha nova convocatoria para contratar e ofrecer prazas estables aos médicos de familia, que este ano ascende a 106. Ademais, avanzou que este mesmo mes, o Consello do Goberno galego dará luz verde ao complemento de 12.000 euros para os profesionais que asuman máis coubo por falta de persoal e ocupen prazas de difícil cobertura, tal e como se pactou cos sindicatos da mesa sectorial.

Rueda lanzou ambas as cuestións na sesión de control do pleno do Parlamento, na que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, volveu a pór encima da mesa que "non é un problema de profesionais", senón de orzamento, e por iso insistiu en incorporar 200 millóns á atención primaria.

"Nunca di como aplicalo. É unha cifra que lle cadra, pero nunca é capaz de detallar", replicou Alfonso Rueda á dirixente nacionalista, a quen acusou de "polo que sexa, non quere molestar aos seus socios de Madrid", en referencia ao Goberno de Pedro Sánchez. Por iso, pediulle porse de lado dos "nacionalistas" vascos e cataláns, que se sumaron ao manifesto impulsado por Galicia e País Vasco para reclamar unha convocatoria extraordinaria mir. "Non é un problema de diñeiro", contestou Rueda, quen referiu que o que ocorre é que "faltan profesionais".

O mandatario autonómico emprazou ao BNG de que se Cataluña e País Vasco son referencia (do BNG), o sexa con todas as consecuencias" e por iso, tamén cando se alían con Galicia. Así, atribuíu unha "mansedumbre" ao Bloque na reclamación dun mir extraordinario e reclamoulle "coherencia".

Este mesmo martes aprobouse por unha unanimidade dos tres grupos unha moción --impulsada polo PSdeG-- coa reclamación de toda a Cámara para, entre outras cuestións, de que o Goberno axilice as accións necesarias para habilitar máis volume de prazas de formación en Galicia, "en acordo e diálogo co persoal titor" e solicitar ao Goberno de España que se amplíe o volume de prazas mir para poder ofertar.

A portavoz nacional denunciou o "enésimo" caso dunha profesional que tiña garda en tres centros de saúde en 24 horas. "Vostede pensa que se pode maltratar desta maneira aos profesionais que o están dando todo e dérono todo en pandemia?", remarcou Pontón, quen salientou que "faltan profesionais porque sobra precariedade".

"MOLESTAR AO GOBERNO"

"Os nacionalistas vascos e cataláns foron capaces de dicirlle ao Goberno de Madrid uno dos grandes problemas que ten (o déficit de profesionais) que o presidente do Goberno volveu ignorar", sinalou Rueda, quen acusou a Pontón de que o BNG "non quere molestar, pero ás veces, en nome de Galicia, hai que molestar".

Así as cousas, o mandatario autonómico comprometeu a aprobación este mes do complemento pactado cos sindicatos para os médicos de familia que asuman parte da cota de pacientes doutros compañeiros e en prazas de difícil cobertura e unha nova convocatoria de prazas para dar "en propiedade toda a vida" e outorgar "estabilidade" aos médicos de atención primaria, estendendo a comarcais radioloxía, internistas e tamén para profesionais de saúde mental.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na sesión de control ao Goberno da Xunta no pleno do 13 de xullo
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na sesión de control ao Goberno da Xunta no pleno do 13 de xullo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xanc

A formación MIR son 4 ou 5 anos según especialidade. A convocatoria tarde un ano. Quen gobernaba en España fai 4 anos? M. Rajoy do PP. Falta persoal de Enfermería en Galicia segundo os colexios de enfermería... De quen é culpa? As prazas de formación universitaria Enfermería dependen exclusivamente da Xunta do PP