Os empresarios galegos insisten en rexeitar a lei de costas e piden a transferencia de competencias á Xunta

A CEG fala de "preocupación e incerteza" das compañías galegas para realizar investimentos no litoral.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/07/2022 | Actualizada ás 16:11

Comparte esta noticia

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, incidiu na "preocupación e incerteza" das compañías galegas para realizar os investimentos no litoral. No Grove, onde se celebrou unha reunión do Consello Asesor da CEG, Vieites resaltou que os empresarios están preocupados "desde o ano 2018" respecto da lei de costas, polo que a súa futura modificación e os plans estratéxicos do Ministerio para a Transición Ecolóxica "teñen que contar coa opinión do sector do complexo mar-industria". "Se non, imos ter un problema grave, sobre todo en Galicia", avisa.

O presidente da CEOE, Antonio Garamendi, co presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, e representantes da patronal galega
O presidente da CEOE, Antonio Garamendi, co presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, e representantes da patronal galega | Fonte: GUSTAVO DE LA PAZ - EUROPA PRESS.

"Se hai que facer transferencias a Galicia de litoral e se o noso Estatuto nolo permite, e se parece que o Constituticional vai por esa liña, pois benvido sexa", afirma. Remarca que esta reclamación se transmitiu ás administracións.

E é que a viabilidade das empresas "está en xogo", pois "non todas se poden ir a polígono industrial", xa que "necesitan do mar para limpar o peixe", entre outras actividades. "Que nos deixen traballar onde as empresas levan moitos anos, algunhas delas centenarias", agrega.

Aínda que valora que o "clima de diálogo co Ministerio é bo", cre que deben revisarse as "liñas" do espazo marítimo-terrestre para poder facer investimentos. "Nós que coñecemos moi ben o Atlántico, non ten nada que ver co Mediterráneo", apunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta