O incendio de Ribadavia, presuntamente provocado con ata tres focos diferentes

Rueda di que hai "motios indicios" da intencionalidade do lume.

Por Galicia Confidencial | Ribadavia | 14/07/2022 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que se abriu unha investigación sobre o incendio de Ribadavia, que supera as 65 hectáreas, e indicou que hai "moitos sinais e indicios" de que foi intencionado.

Un bosque en chamas, a 13 de xullo de 2022, en Ribadavia, Ourense,
Un bosque en chamas, a 13 de xullo de 2022, en Ribadavia, Ourense, | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

Na súa comparecencia posterior ao Consello, Rueda non obviou as "altisimas temperaturas" que se están rexistrando en Galicia e que non se lembran", aínda que agradeceu que non se dean outras condicións que favorecen os lumes como son o vento, o "gran aliado" dos lumes forestais.

Así, segundo a información traslada por Medio Rural ao presidente, o dron que participa nas investigacións fixo captacións do lume e "hai indicios" de que foi intencionado, por cuestións como os tres focos detectados ou porque é unha zona de "difícil acceso". Así, manifestou que espera que poidan ter "algún resultado" da investigación que se está levando a cabo.

O presidente autonómico tamén fixo un chamamento á prudencia da poboación e a responsabilidade, debido ás condicións climatolóxicas de seca prolongada e o escenario de altas temperaturas, que polo menos permanecerá uns días máis.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta