Temas: XUNTA INTERNET

O bono para internet de 20 euros mensuais beneficiará a 5.700 familias

Terá un orzamento de 1,38 millóns de euros.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/07/2022 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

O bono para custear internet con 20 euros mensuais beneficiará a 5.700 familias e conta cun orzamento de 1,38 millóns de euros. O Consello da Xunta aprobou este xoves o acordo polo que se pon en marcha esta medida, enmarcado no plan de recuperación e no programa social.

Reunión do Consello da Xunta
Reunión do Consello da Xunta | Fonte: David Cabezón - Xunta de Galicia.

Alfonso Rueda detallou esta iniciativa, avanzada no pleno do Parlamento, que ten como obxectivo facilitar a contratación de internet a persoas vulnerables, un servizo "esencial para a vida diaria", xa que, como lembrou, non só é "lecer", senón tamén que supón unha ferramenta para os estudos e mesmo para a procura de traballo.

O presidente galego explicou que a liña de bonos contará cun orzamento de máis de 1,3 millóns de euros e beneficiará a unhas 5.700 familias para que poidan contratar servizos de banda ancha. Estas axudas forma parte dos fondos que o Goberno transfire no marco do compoñente 15 Galicia do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e enmcarada no programa estatal Único Bono Social.

Permitirá ás familias contar ou mellorar coa conexión, cunha velocidade mínima de 30Mbps. Disporán de ata 20 euros na factura emitida, durante un período de 12 meses, ata un máximo de 240 euros.

Tras a aprobación da resolución, publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a lista de entidades colaboradoras en que se poderán solicitar os bonos. Con esta, xa ten en marcha tres do catro medidas definidas polo Goberno central para a mellora da conectividade no territorio.

Temas: XUNTA INTERNET
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta