O Goberno central avisa: "España debe prepararse para un posible escenario de escaseza de gas na UE"

España, que non afronta problemas, disposto a axudar a outros estados europeos.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 14/07/2022 | Actualizada ás 22:02

Comparte esta noticia

A vicepresidenta terceira do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, avisou este xoves de que España debe prepararse "para un posible escenario de escaseza de gas na UE durante os próximos meses" aínda que actualmente o país "non afronta problemas de seguridade de subministración".

A ministra mantivo varias reunións con representantes das asociacións de consumidores, do sector enerxético e dos axentes sociais, dentro da rolda de contactos institucionais que mantén no proceso de elaboración do Plan de Continxencia de seguridade enerxética do país.

"Os países europeos debemos prepararnos para un escenario de escaseza de gas nos próximos meses, como resultado da guerra en Ucraína. España non afronta problemas de seguridade de subministración, pero como os demais socios comunitarios, estamos a deseñar un Plan de Continxencia para afrontar o devandito escenario dun modo coordinado cos nosos veciños e coa Comisión Europea", sinalou a vicepresidenta, segundo recolle o Ministerio nun comunicado.

Ribeira explicou que o Plan de Contigencia xira "sobre tres eixos". "Como podemos impulsar o uso máis intelixente posible da enerxía desde o punto de vista do aforro e a eficiencia; como podemos substituír o gas por outros combustibles e avanzar na electrificación e a implantación de gases renovables; e de que maneira podemos axudar a países veciños en peor situación e con peores perspectivas que nós", engadiu.

"Para elaborar o Plan estamos a reunirnos con distintos actores: o sector enerxético, os grandes consumidores industriais, as organizacións de consumidores e usuarios, os axentes sociais e varias administracións autonómicas e locais", defendeu a ministra, que apuntou que tamén compartirán o plan cos grupos parlamentarios. Tras eles, "e atendendo ás recomendacións que a Comisión presentará proximamente", o Goberno abrirá outra rolda de contactos antes de elevalo ao Consello de Ministros, concluíu a ministra.

Soldados na guerra que Rusia lanzou contra Ucraína
Soldados na guerra que Rusia lanzou contra Ucraína | Fonte: Cope-EFE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta