Arde unha nave de cosméticos en Bergondo que afectou a outras dúas instalacións

Coa situación controlada, a Xunta desactivou o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga).

Por Europa Press / Redacción | | 17/07/2022 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

O incendio rexistrado este sábado sobre as 19,30 horas nunha nave de cosméticos de Bergondo --Anfer--, quedou extinguido e, finalmente, afectou a un total de tres naves do polígono industrial do municipio. Ningunha persoa resultou ferida, segundo informou o 112 Galicia.

Así mesmo, a Xunta xa desactivou o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel 1 de alerta, que se activara para ofrecer unha "resposta coordinada" dos medios ante o incendio industrial rexistrado no polígono.

En concreto, activáronse os medios e recursos de extinción do parque de Betanzos, pero tamén os máis próximos, como os da Coruña e Arteixo. Ata o lugar tamén se desprazou un técnico de Protección Civil da Xunta, unha motobomba de Medio Rural, así como, os axentes da Garda Civil, Policía Local e ata nove voluntarios de Protección Civil de Betanzos. Ademais, como medida preventiva, alertouse aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e ás autoridades ambientais da administración autonómica.

Segundo trasladou o 112 Galicia, unha vez controlado o incendio, os equipos de emerxencias deron por finalizadas as tarefas de extinción sobre as 03,00 horas da madrugada deste domingo.

DESACTIVADO O PLATERGA

Coa situación controlada, a Xunta procedeu a desactivar o Platerga e á retirada progresiva dos servizos de emerxencia que colaboraron no dispositivo.

A pesar diso, efectivos de extinción continúan no punto para vixiar a situación e garantir unha rápida actuación no caso de que o lume se reavivase nalgún momento. De feito, explicou o 112, ás 05,00 horas, un pequeno conato de incendio noutro das naves foi atallado pola dotación bombeiros que permanecía de retén no lugar.

Lume na fábrica Anfer, en Bergondo
Lume na fábrica Anfer, en Bergondo | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta