As embarcacións cantadas por Rosalía volven remontar o Ulla e o Sar

A Inchadiña deste ano estivo dedicada ao mariñeiro Parada, recentemente falecido.

Por Galicia Confidencial | Padrón | 17/07/2022 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

¡Que inchadiña branca vela

Embarcacións tradicionais e dornas remontando o Ulla e O Sar na tradicional Inchadiña
Embarcacións tradicionais e dornas remontando o Ulla e O Sar na tradicional Inchadiña | Fonte: Fundación Rosalía de Castro
antre os millos corre soa,

misteriosa pura estrela!

Dille o vento en torno dela:

«Palomiña, ¡voa!, ¡voa!»

Vinte embarcacións tradicionais de todo o país uníronse novamente á “Inchadiña branca vela” nunha homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro. Subrion o Ulla e o Sar embarcacións chegadas das rías de Vigo, Pontevedra, Arousa, Noia e A Guarda: gamelas, bucetas, botes e dornas de distinto tipo, chamadas pola Fundación Rosalía de Castro e a A.C. Dorna da Arousa, coa colaboración do Concello de Padrón, de Catoira, de Dodro e de Valga, ademais da adega Paco&Lola.

A Inchadiña deste ano estivo dedicada ao mariñeiro Parada, que participou en todas as edicións coa súa dorna Forza R e mesmo protagonizou o cartel da segunda. A el dedicóuselle un minuto de silencio diante durante a ofrenda na estatua de Rosalía. "A xornada de navegación foi pracenteira: coa marea e o vento a favor", indican nun comunicado.

Esta actividade, que se celebrou por primeira vez en 2013 para celebrar o 150 aniversario da publicación de ‘Cantares gallegos’, xurdiu como iniciativa das xentes da cultura marítima para honrar a unha autora que en ‘Cantares’ falaba das dornas que subiran Ulla arriba no seu tempo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta