En liberdade os detidos por unha pelexa con motoserra en Viveiro

Están a ser investigados por un delito de lesións e outro de ameazas.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 18/07/2022 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro decretou a posta en liberdade dos catro detidos pola pelexa que se produciu na madrugada deste domingo na localidade, na que se empregou como método de ameaza unha motoserra. Segundo confirmou o TSXG, están a ser investigados por un delito de lesións e outro de ameazas.

Home cunha motoserra no centro de Viveiro
Home cunha motoserra no centro de Viveiro | Fonte: Twitter.

Ademais deste catro homes, a Policía Nacional detivera dúas mulleres que supostamente estaban implicadas no incidente, pero este domingo xa quedaran en liberdade.

A pelexa produciuse sobre as 03,00 horas da madrugada do domingo. A esa hora, o 112 Galicia recibiu unha chamada na que se alertaba desta disputa fronte a un pub da Avenida Vilalba. Ao parecer, había varias persoas implicadas e algunha delas resultara ferida.

Con estes datos, os operadres do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios, da Policía Nacional e tamén da Policía Local.

Segundo se ve nun vídeo que se pode ver en redes sociais, un dos implicados na pelexa utiliza unha motoserra como método de ameaza, aínda que polo que se aprecia nestas imaxes non a chega a empregar contra ningunha das outras persoas participantes. Ademais, neste vídeo tamén se pode ver que polo menos dúas persoas quedan tendidas no chan, presumiblemente feridas.

Mentres suceden estes feitos, tamén se escoitan os berros dunha muller que berra que queren matar o seu marido. "Quérenme matar o meu marido!", escóitase na gravación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta