Temas: LGTBI O GROVE

O porto deportivo de San Vicente, no Grove, primeiro no Estado en izar a bandeira LGTBI

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/07/2022 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou no acto de izado da bandeira arcoiris no Club Náutico San Vicente do Mar, no Grove, onde destacou a implicación desta entidade e de Galicia na loita contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero.

Quintana participa no izado da bandeira LGTBI no porto deportivo de San Vicente, no Grove
Quintana participa no izado da bandeira LGTBI no porto deportivo de San Vicente, no Grove | Fonte: Xunta de Galicia.

Nesta liña, salientou que o porto deportivo de Pedras Negras é o primeiro de España en izar a bandeira do Arco da Vella como símbolo de respecto e apoio ás persoas LGTBI.

Un xesto pioneiro que converte a este porto, remarcou Quintana, "nun espazo de tolerancia no que se asegure a igualdade" e símbolo do respecto aos dereitos sexuais "como dereitos humanos fundamentais recoñecidos".

Ademais, a conselleira destacou a importancia de que este tipo de pasos sirvan "como exemplo" a outras entidades portuarias e a outros axentes socioeconómicos do litoral estatal co fin de seguir avanzando no recoñecemento da riqueza que ofrece a diversidade.

Temas: LGTBI O GROVE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta