Nove atrasos en voos con chegada ou destino a Santiago pola folga de tripulantes de cabina de Ryanair

Ningún avión foi cancelado este luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2022 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

A folga de tripulantes de cabina de Ryanair sumou un total de nove voos atrasados con saída ou destino a Santiago de Compostela durante a xornada deste luns, segundo informou o sindicato USO, un dos convocantes.

Avións de Ryanair
Avións de Ryanair | Fonte: Europa Press.

Así, ningún avión con chegada ou saída a algún aeroporto galego foi cancelado este luns, a pesar de que no total de España ata 10 voos tiveron que ser anulados pola folga dos traballadores da aerolínea de baixo custo.

Con todo, ata nove avións que pasaron por Santiago de Compostela foron atrasados. En concreto, cinco deles saían da terminal compostelá, mentres que outros catro tiñan como destino a capital galega.

No total de España, uns 266 voos foron atrasados na xornada deste luns polos mesmos motivos, destacando o caso dos aeroportos de Palma, de Barcelona, de Madrid ou de Alacante, entre outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta