A alternativa ao viaduto da A-6 abrirá este mércores e reducirá de 14 a 4km o actual traxecto

O delegado do Goberno en Galicia destaca que a alternativa estará aberta "antes do Día de Galicia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2022 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno, José Miñones, avanzou que a alternativa para reducir de 14 a 4 quilómetros o desvío habilitado polo derrube do viaduto da A-6, na conexión de Galicia coa Meseta, porase en marcha este mesmo mércores.

Esta solución é a que o Ministerio de Transportes traslada este martes ás comunidades de Galicia e Castela e León, a cal se suma a unha alternativa para o transporte pesado que está previsto que se poña en marcha no outono e que, en esencial, ten previsto habilitar "xanelas nocturnas".

En declaracións aos medios en Santiago, Miñones celebrou que a posta en marcha desta alternativa faise "en tempo récord" e antes do previsto, o cal permite ter operativa esta solución "antes do Día de Galicia".

Pola súa banda, tamén en declaracións aos medios, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, reclamou unha "solución provisional completa", elimando o tráfico por Pedrafita --a día de hoxe circulan 10.000 vehículos, a "maioría" pesado--, xunto que se permita a circulación de trnasportes especiais, porque están "en risco" preto de 4.000 empregos.

Parte do viaducto derrubado na A-6
Parte do viaducto derrubado na A-6 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta