A Xunta recoñece que as residencias "non estaban preparadas" para a pandemia

O Goberno galego investiu 10,5 millóns de euros en materiais sanitarios para as residencias de anciáns durante a Covid-19.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/07/2022 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, remarcou que as residencias de maiores de Galicia "non estaban preparadas" para afrontar a situación pandémica. Ademais, indicou que os cambios que se realizarán nas residencias "modificarán tanto as infraestruturas como a atención".

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo | Fonte: Xunta de Galicia.

Así o manifestou este martes, nunha conferencia celebrada na Facultade de Medicina da USC. Durante o discurso, o director explicou que as alteracións nos centros basearanse en "menor número de residentes e residencias máis grandes con espazos libres".

Doutra banda, Acevedo destacou que o novo modelo proporá unha "atención centrada na persoa". Respecto dos casos de illamento, o responsable de Maiores e Atención Sociosanitaria afirmou que combaterán a soidade dos maiores a través de "mecanismos tecnolóxicos máis áxiles" que repercutan "positivamente" na saúde mental dos residentes.

O director xeral tamén destacou o esforzo realizado polo Goberno galego e traballadores de residencias para afrontar a Covid-19. En canto á situación pandémica actual, Acevedo reflexionou que o traballo "debe continuar".

No acto, Antón Acevedo repasou tamén os datos do coronavirus nas persoas maiores. O informe, titulado 'A epidemioloxía da Covid-19 na terceira idade', mostrou que a Xunta de Galicia investiu, ata o momento, 10,5 millóns de euros para dotar ás residencias do material sanitario necesario --máscaras, test, etc.--.

Por outra banda, recalcou a importancia das vacinas contra a Covid como "un antes e un despois". Como proba diso, Acevedo achegou o dato que as vacinas, durante o primeiro trimestre de 2021, evitaron máis de 3.500 mortes nas residencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta