Así é o novo desvío para salvar o viaducto derrubado na A-6

Acurtarase de 14 a 4 quilómetros. A Xunta critica o novo traxecto porque segue pasando por Pedrafita.

Por Galicia Confidencial | Pedrafita | 19/07/2022 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno, José Miñones, avanzou que a alternativa para reducir de 14 a 4 quilómetros o desvío habilitado polo derrube do viaduto da A-6, na conexión de Galicia coa Meseta, porase en marcha este mesmo mércores.

Esta solución é a que o Ministerio de Transportes traslada este martes ás comunidades de Galicia e Castela e León, a cal se suma a unha alternativa para o transporte pesado que está previsto que se poña en marcha no outono e que, en esencial, ten previsto habilitar "xanelas nocturnas".

En declaracións aos medios en Santiago, Miñones celebrou que a posta en marcha desta alternativa faise "en tempo récord" e antes do previsto, o cal permite ter operativa esta solución "antes do Día de Galicia".

Pola súa banda, tamén en declaracións aos medios, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, reclamou unha "solución provisional completa", elimando o tráfico por Pedrafita --a día de hoxe circulan 10.000 vehículos, a "maioría" pesado--, xunto que se permita a circulación de tranasportes especiais, porque están "en risco" preto de 4.000 empregos.

Traxecto do novo desvío para salvar o viaducto derrubado na A-6
Traxecto do novo desvío para salvar o viaducto derrubado na A-6

O traxecto actual para salvar o viaducto derrubado na A-& acurta en 6,6 quilómetros o desvío actual, que pasa de ter 10,7 a través a contar con 4,1 quilómetros, establecendo así a operatividade da autovía entre os puntos 422+000 e 428+600. Isto permitirá reducir en máis da metade o tempo de paso actual polo desvío, tanto para vehículos pesados como para lixeiros --tanto en horas punta como en horas vale--, "quedando, no peor dos casos, entre un cinco e seis minutos", segundo indicou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. 

SOLUCIÓNS COMPLETAS

Pola súa banda, tamén en declaracións aos medios, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, reclamou unha "solución provisional completa", eliminando o tráfico por Pedrafita --a día de hoxe circulan 10.000 vehículos, a "maioría" pesado--, xunto que se permita a circulación de transportes especiais, porque están "en risco" preto de 4.000 empregos.

"Esperamos que nos dean unha solución completa, a día de hoxe, o que temos é unha obra menor que, unicamente, son 6 quilómetros", manifestou Ethel Vázquez, nas declaracións previas ao encontro, a preguntas dos medios.

Ao seu xuízo, trátase dunha "obra menor", co que insistiu nunha solución "completa" que permita "eliminar" o tráfico da travesía de Pedrafita e ofrecer unha alternativa para os tráficos pesados. Ademais, esperan contar con información sobre o colapso da ponte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta