Reactivan por terra, mar e aire a procura dun pescador desaparecido en Cabo Prioriño

Foi un familiar o que deu a voz de alarma.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/07/2022 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

O dispositivo de procura dun pescador desaparecido o pasado mércores na zona de Cabo Prioriño, no municipio de Ferrol, foi reactivo na mañá deste xoves por terra, mar e aire.

Segundo informa Salvamento Marítimo, que coordina o dispositivo marítimo e aéreo desde o seu centro da Coruña, participan, entre outros medios, a embarcación Salvamar Betelgeuse e o helicóptero Helimer 402.

Salvamar Betelgeuse
Salvamar Betelgeuse | Fonte: SALVAMENTO MARÍTIMO.

Ademais, no operativo participan Protección Civil, Policía Local e Policía Nacional. Os bombeiros de Ferrol tamén colaboran por terra, así como cunha embarcación que partiu do porto ferrolán, entre outros medios.

Segundo a información do 112 Galicia, foi un familiar do desaparecido o que deu a voz de alarma sobre as 16,00 horas. Tal e como contou, o desaparecido adoitaba regresar a casa a media mañá tras saír a pescar, pero, nesta ocasión, non volveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta