Tentan agredir cun coitelo un médico no Hospital do Salnés

Nese momento un único vixiante de seguridade estaba de servizo, denuncia o sindicato FTSP-USO.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2022 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

O sindicato FTSP-USO denunciou o intento de agresión cun coitelo a un médico do Hospital do Salnés, que esixía ser examinado. Ademais, o paciente esnaquizou "o que atopou ao seu paso" na zona de recepción de urxencias do complexo hospitalario.

O sindicato puxo de relevo que no momento do ocorrido "un único vixiante de seguridade estaba de servizo" e este, xunto co resto do persoal, "só puido refuxiarse ata a chegada de varias patrullas dos Corpos de Seguridade do Estado".

Tras reducilo a policía, o home foi sedado e pasou a noite en urxencias, para posteriormente ser trasladado ao Hospital de Pontevedra. Insisten en que xa advertiron en diferentes ocasións das "graves deficiencias en número de efectivos de vixilancia" en toda a área Sanitaria e do risco que isto supón para a seguridade de usuarios e persoal sanitario.

Solicitaron ademais a actualización dos protocolos de seguridade e unha reunión co Sergas para abordar unha implementación de persoal e medios de defensa ante a actual repunta de agresións no centro.

Hospital do Salnés.
Hospital do Salnés.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta