Arde Galicia.- Voluntariado e veciñanza... Un papel fundamental para salvar os montes e as casas

Centos de voluntarios e de veciñas loitaron estes días, cóbado con cóbado, cos servizos de loita contra os lumes para evitar que arderan os montes e as súas casas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/07/2022 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

Galicia continúa ardendo e ardería moito máis se non fora polo labor impagable de centos de voluntarios e da propia veciñanza das zonas queimadas que levan xa días, nalgúns casos máis dunha semana, loitando contra os lumes.

Voluntarios xunto cun conductor de motobombas na zona alta do Courel
Voluntarios xunto cun conductor de motobombas na zona alta do Courel | Fonte: Sechu Sende

Son eles os que combaten cóbado con cóbado cos bombeiros forestais os enormes lumes que estes días afogan Galicia. E ninguén mellor que eles para guiar aos centos de profesionais que acoden, moitas veces a cegas, a un incendio sen coñecer camiños nin posibles vías de escape.

Así aconteceu nos lumes da zona alta do Courel,  onde traballan dez voluntarios e un brigadista profesional, un conductor de motobomba que, axudado por eles e por veciños, conseguiron atallar algúns focos. "Este grupo, con catro bigadistas máis y outro motobombardeiro que viña das Mariñas da Coruña, foi o que parou, coa indispensable axuda de varios helicópteros, o lume que baixaba polo Val da Seara, na boca da Lucenza, unha das entradas tamén á Devesa da Rogueira", destaca o escritor Sechu Sende, con casa en Soldón, e que estes días estivo con varias colegas atallando os lumes.

Sende destaca tamén o extenuante traballo dos bombeiros forestais, "algúns con máis de 15 horas traballando". "Onte un motobombardeiro pasou tres días nas montañas. Pola noite outro pediu tres horas de descanso antes de continar, tres horas de soño despois de moitos traballos", indica. 

Na foto que ilustra esta noticia hai voluntarios e veciños de Soldón, Seara, Vieiros, Hórreos. Todos e todas elas coñecen moi ben a zona e saben onde están os tanques para helicópteros e motobombas para recoller auga. Coñecen as vías e puntos de difícil acceso e cada recuncho e buraco dos camiños. "Se houbera unha notobomba, Lucenza non se tería queimado", queixase neste vídeo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta