Feridas tres menores nun accidente en Allariz no que o condutor deu positivo

O home foi detido por un presunto delito contra a seguridade viaria e lesións por imprudencia grave. Unha das nenas está na UCI.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/07/2022 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

Unha saída de vía dun coche o pasado mércores no municipio de Allariz (Ourense), en Souto --estrada OU-0101--, saldouse con tres menores feridas ao chocar o vehículo contra un noiro. O condutor, un home de nacionalidade suíza de 32 anos, deu positivo en alcol.

Segundo informa a Garda Civil, ao condutor, que foi detido pola gravidade dos feitos, impútanselle un presunto delito contra a seguridade viaria por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas e outros dous de lesións por imprudencia grave.

O home, fillo de emigrantes galegos, ofreceuse para trasladar á súa filla e a dúas amigas, todas elas menores de idade, á piscina e devolvelas ao seu domicilio ao finalizar a tarde. Na viaxe de volta produciuse o accidente, sobre as 20,30 horas do mércores.

As tras nenas feridas foron evacuadas ao hospital de Ourense (CHUO). Unha delas foi ingresada na UCI para o seguimento de varios traumatismos craniais. O condutor foi sometido ás probas de detección alcohólica, cun resultado positivo de 0,97 mg/l.

Control da Garda Civil de Tráfico
Control da Garda Civil de Tráfico | Fonte: Garda Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta