Esgotadas as entradas para o único concerto de Rosalía en Galicia

A cita será o próximo 29 de xullo no Coliseum da Coruña, dentro da súa xira mundial 'Motomami'.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 22/07/2022 | Actualizada ás 16:25

Comparte esta noticia

A cantante catalá Rosalía actuará o vindeiro venres 29 de xullo no Coliseum da Coruña. Será a única cita en Galicia da súa xira mundial 'Motomami' e xa non quedan entradas dispoñibles. "Vai encher un espazo de case 9.000 persoas", afirmou a alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, na presentación do evento celebrada este venres.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; a alcaldesa da cidade, Inés Rey; e a xerente de Sweet Nocturna, Raquel Seijas
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; a alcaldesa da cidade, Inés Rey; e a xerente de Sweet Nocturna, Raquel Seijas | Fonte: Xunta de Galicia.

No acto estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a xerente de Sweet Nocturna, Raquel Seijas. "Soamente en España xa hai máis de 165.000 entradas vendidas dos seus concertos", puntualizou Seijas, quen definiu este evento como "moi completo a nivel audiovisual" e destacou que se traslada con "sete trailers e oito bailaríns".

Segundo explicou a xerente, é un espectáculo "integral", que ten como obxectivo que o público teña "máis proximidade coa artista" e "se implique dentro de todas as coreografías".

Trenor, pola súa banda, sinalou que A Coruña "está de moda", colocada no "centro musical de Galicia" e como "referencia de toda España".

O delegado lembrou que o vindeiro mércores 27 de xullo celebrarase tamén no Coliseum o concerto de Simple Minds.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta