As mancomunidades intermunicipais galegas suspenden en transparencia financeira

Só o 47,1% das mancomunidades remitiron ao Consello de Contas de Galicia as súas contas en prazo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/07/2022 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

Expertos de Rede Localis aseguran, nun informe que acaban de publicar, que "a transparencia é unha materia suspensa" nas mancomunidades de concellos. De tal forma, só o 47,1% das mancomunidades en Galicia remitiron ao Consello de Contas de Galicia (CCG) as súas contas en prazo para o exercicio 2019. Esta porcentaxe ascende ao 58,8% se se considera a totalidade da remitidas.

Diñeiro
Diñeiro | Fonte: Europa Press.

O 41,2% delas non presentou a Contas a súa conta xeral, mentres unha parte significativa das mesmas presenta incumprimentos sistemáticos co máximo órgano fiscalizar de Galicia. Se se considera unicamente as mancomunidades "operativas", a porcentaxe de cumprimento ascendería ao 66,7 %.

Algunhas mancomunidades declaran non ter actividade ou atoparse en proceso de disolución. "Con todo, isto non é razón suficiente para a non rendición das súas contas xerais ao Consello de Contas". A este respecto, os artigos 209 e 212 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, impón a todas as entidades locais a obrigación de formar e render as súas contas a Contas, lembra Rede Localis.

Por iso, comparte a valoración do Consello de Contas de que a actual regulación que establece a súa esixencia resulta insuficiente. Por tanto, "é necesario unha modificación normativa para garantir que todas as entidades locais e, especialmente, as mancomunidades intermunicipais, cumpran co deber de render a conta xeral".

Con base na información da Oficina Virtual para a Coordinación coas Facendas Locais, só figura información económica de gastos e ingresos de 21 mancomunidades para Galicia en 2020. Por tanto, o grao de incumprimento de información económica-financeira das mancomunidades é do 41,6%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta