(Vídeo) Interrompen unha emisión en directo da TVG a berros de "Rueda dimisión, conselleiro dimisión"

Foi durante o telexornal do serán deste venres.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/07/2022 | Actualizada ás 10:52

Comparte esta noticia

"Rueda dimisión", "conselleiro dimisión", "abandoñachedes aos veciños" ou "deixachedes arder o Courel" foron algúns dos berros que se escoitaron durante unha emisión en directo do telexornal serán da TVG.

Equipo da TVG interrumpido mentres grava un directo no Courel a berros de 'Rueda dimisión'
Equipo da TVG interrumpido mentres grava un directo no Courel a berros de 'Rueda dimisión'

Así, o presentador do mesmo, Marcos Sueiro, un home moi vinculado ao Partido Popular, presumía de que o lume xa estaba controlado tras case unha semana ardendo, e daba paso a una emisión en directo dun equipo que estaba na Seara, no Courel. Nese momento, un grupo de veciños interrumpiu ao xornalista aos berros de "Rueda dimisión". 

O profesional devolveu a emisión ao pouco de comezar asegurando que "esta xente non quere que sigamos aquí traballando" e "case mellor devolvemos a conexión".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 valgameelseño¡¡

Estamos suxerindo presuntamente que a tvg manipula e está en mans do poder, que a rg tamén,e que a coz tamén, e que... ? as vacas dan leite?....

1 Aitor

Andrés Pavón. Esta xente???? Non queren que sigamos aquí traballando???? Pero de que vai ese tio??

1 SenSiglas

Non pode manipular tranquilo, oh!