A Covid amaina: baixan as persoas ingresadas e os casos activos detectados en Galicia

Os hospitalizados baixan por quinto día consecutivo, aínda que non se rexistran cambios en UCI --con 29 pacientes--.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2022 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Galicia contabiliza este sábado un total de 530 persoas hospitalizadas con Covid, en liña coa tendencia á baixa rexistrada nos últimos días --son 77 menos nas últimas 24 horas--. Baixan tamén os novos contaxios, que se sitúan nos 479 --12 menos que na última xornada--, así como os casos activos, 7.483 (-690).

Ademais, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou os falecementos doutras oito persoas diagnosticadas de covid-19, todas elas con patoloxías previas. O cómputo de vítimas da pandemia en Galicia ascende a 3.795. Os óbitos rexistráronse o día 21 de xullo e corresponden a un home de 82 anos da área de Pontevedra; dúas mulleres de 91 e 87 anos e un home de 78 da de Santiago; unha muller de 78 anos da área de Lugo; e dúas mulleres de 75 e 63 anos, así como un home de 81 da Coruña.

Así, segundo os datos actualizados na web do Sergas, ata as 18,00 horas deste venres 23 de xullo e recollidos por Europa Press, a cifra de persoas ingresadas descende por quinto día consecutivo e pasa de 607 a 530 (77 menos). Deles, 29 están en UCI --sen cambios--. O descenso é xeneralizado. Así, na Coruña son 118 os ingresados con Covid (-20), oito deles en críticos --sen cambios--; mentres que Ferrol continúa como o único distrito sanitario sen pacientes en UCI, aínda que con 44 hospitalizados en unidades convencionais (-8).

Descende tamén a presión hospitalaria na área de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, que rexistra 83 pacientes (-14), tres deles en coidados intensivos --sen cambios--; na de Pontevedra, con 94 ingresados (-3), deles seis en UCI --sen cambios--; e na de Lugo-A Mariña-Monforte, con 78 (-11), tres dos cales están na UCI (-1). Baixa tamén nos distritos sanitarios de Santiago-Barbanza, con 65 ingresados (-11), seis deles na UCI (+1); e no de Vigo, con 48 hospitalizados en total (-10), dos que tres están críticos --sen cambios--.

BAIXAN OS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos, a web do Sergas recolle 7.483 casos activos, 690 menos que o día anterior, de maneira que descenden por primeira vez en días. Como cos ingresados, a baixada é xeneralizada: a área da Coruña contabiliza 1.517 (-126), a de Ourense, 1.124 (-136); a de Lugo, 1.031 (-106); a de Ferrol, 721 (-58); a de Pontevedra, 759 (-68); a de Santiago, 1.181 (-127) e a de Vigo, 1.124 (-70).

OS CONTAXIOS, ESTABLES

En canto aos contaxios diarios rexistrados polo Sergas, baixan ata os 479, 12 menos que hai 24 horas. Desde o inicio da pandemia, Galicia leva rexistrados 667.952 positivos por covid, dos que 148.341 (+95) se corresponden coa área de Vigo, 138.097 á da Coruña (+91), 106.787 á de Santiago (+82), 82.059 á de Ourense (+65), 75.848 á de Pontevedra (+40), 74.471 á de Lugo (+65) e 41.388 á de Ferrol (+38).

Respecto das altas, o Sergas leva rexistradas 656.779 altas médicas desde que comezou a crise sanitaria do coronavirus, 1.161 máis nas últimas 24 horas. Por último, a taxa de positividade rolda o 30%, aínda moi por encima do 5% marcado pola OMS como tope para dar por controlada a pandemia.

Arquivo - Persoas en terrazas de bares de Vigo.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Persoas en terrazas de bares de Vigo.. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta