A poboación galega é a que máis emigra de todo o Estado

Arxentina, Suíza e Venezuela son os destinos máis escollidos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Galicia está á cabeza do Estado no número de persoas emigradas, en concreto, 146.423. Así o recollen os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) a data de 1 de xaneiro deste mesmo ano. A nivel estatal, a cifra de persoas que decidiron marchar do Estado alcanza as máis de 850.000. Á poboación galega, o grupo máis numeroso fóra das fronteiras estatais, séguelle a catalá e a madriñera, con 126.296 e 120.794 respectivamente. 

Unha pasaxeira cunha maleta chegando á terminal do aeroporto
Unha pasaxeira cunha maleta chegando á terminal do aeroporto | Fonte: Alejandro Martínez Vélez - Europa Press

Entre os destinos máis escollidos en Galicia están Arxentina en primeiro lugar, Suíza en segundo e Venezuela en terceiro. Ademais, os últimos datos do INE revelan que as mulleres emigran máis que os homes. En concreto, a 1 de xaneiro de 2022, había 13.983 mulleres máis que homes vivindo fóra do Estado. 

A nivel estatal, case 50.000 persoas do conxunto do Estado se inscribiron no 2021 como residentes no estranxeiro. Nos últimos 5 anos este dato aumentou un 7,5%. O 57% delas elixen non marchar moi lonxe e quedan nalgún país de Europa. Un 37% toma como destino América e repártese entre o norte e o sur do continente. O 6% restante marcha a algún outro país do resto do mundo, maiormente Asia e Oceanía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta