Hostaleiros galegos temen unha "freada" na actividade durante o último trimestre do ano

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/07/2022 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Galega de Hostalaría e presidente da de Lugo, Cheché Real, teme que haxa unha "freada" na actividade no sector para o último trimestre do ano.

Así se expresou tras un fin de semana longo, pola ponte de Santiago, que foi dun gran impacto pola "numerosa" presenza de visitantes e da xente pola rúa, ademais de altos niveis de ocupación hoteleira.

"Seguimos a tendencia que vimos arrastrando desde a Semana Santa, cunha presenza importante de turistas e visitantes, ademais de aumentar o gasto que fan", valora. Fronte a iso, o empresario lucense alertou que "probablemente vai haber un parón importante no último trimestre do ano". "Así que a xente veña das vacacións do verán e veñan os gastos do colexio, a roupa, os libros", esa tendencia alcista cre que non se vai a manter no tempo.

"É moi difícil de entender que nunhas circunstancias deste tipo, onde están disparadas as enerxías, coa inflación aí tamén, que siga habendo este nivel de gasto, nós pensamos no sector que a partir do último trimestre do ano vai haber unha freada importante", aventura Cheché Real.

Cidadáns nunha zona de copas na Coruña
Cidadáns nunha zona de copas na Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta