O galego chega lonxe: 'Morriña', de Baiuca, fai vibrar miles de persoas nun festival alemán

Dous coñecidos djs versionaron o tema no Parookaville.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/07/2022 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

"Eu só quero saber, cando te vou ver, terriña que anhelo choro por volver, non podo vivir tan lonxe de eiquí, escuma das praias onde eu crecín". Isto foi o que se escoitou esta pasada fin de semana no soado festival de música electrónica alemán Parookaville, onde Blasterjaxx, un dúo de dj holandeses con máis de 900.000 seguidores nas redes, e Timmy Trumpet, con case dous millóns, crearon unha versión electrónica do tema 'Morriña', de Baiuca. 

Timmy Trumpet e Blasterjaxx versionan 'Morriña' de Baiuca en Alemaña
Timmy Trumpet e Blasterjaxx versionan 'Morriña' de Baiuca en Alemaña | Fonte: youtube

As miles de persoas que acudiron a esta cita, que se estendeu do venres 22 ao domingo 24 de xullo, puideron gozar deste pequeno fragmento de 'Morriña', un dos temas lanzados por Baiuca no ano 2018 e que forma parte do seu álbum 'Solpor'. O Parookaville é un dos festivais de electrónica máis importantes de Europa.

Posteriormente, os propios Blasterjaxx compartiron no seu Instagram persoal o momento no que lanzaron este remix e bailaron ao seu ritmo ante o público. Twitter non pasou por alto este fito para a música e a lingua galegas e aplaudiu as múltiples formas en que o galego cruza fronteiras: "chegamos lonxe, o que pasa é que non o queren ver", dicía un dos usuarios que compartiu o vídeo na rede. 

A versión completa pode verse a partir do minuto 35:34 nestoutro vídeo: 

E aquí, o tema orixinal 'Morriña':

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta