Santiago multa a un gandeiro con 750€ porque as súas vacas cagan... nunha vía rural

O gandeiro, da parroquia da Sionlla, xa presentou alegacións á decisión do goberno municipal compostelán. O BNG critica que se aplique no rural un reglamento concibido para as vías urbanas.

Por GCAgro | Santiago de Compostela | 02/09/2014 | Actualizada ás 07:00

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago propuxo unha sanción de 750 euros a un gandeiro dunha explotación da parroquia da Sionlla, ao norte da cidade, por deposicións das súas vacas no camiño da granxa aos pastos nunha vía agropecuaria.

Vacas nun camiño rural
Vacas nun camiño rural

Así o denunciou a edil do BNG, Elvira Cienfuegos, que se referiu á concepción "urbanícola" do Concello compostelán, ao aplicar no medio rural un regulamento concibido para o urbano e cando a denuncia refírese a unha vía pública construída para a actividade agrogandeira durante a concentración parcelaria.

O gandeiro, que recibiu o pasado 20 de agosto a proposta de multa do consistorio, ten unha explotación no lugar de Reboredo, unha zona de especial interese agrario pola Xunta e que foi obxecto, como outras que lle rodean, do proceso de concentración parcelaria para aumentar as explotacións e dotalas de vías para a actividade gandeira.

O expediente de sanción, ao que o ganadero presentou xa alegacións, foi aberto por denuncia dun veciño que argumenta que as vacas desta explotación extensiva, no traslado periódico aos pastos, ensucian a vía con excrementos.

A proposta de multa baséase nun artigo da ordenanza de convivencia e residuos, que recolle sancións por lixar a vía pública por tenza de animais. Porén, a edil do BNG subliña que esta regulación refírese á vía urbana, aos animais de compaña e non aos de abasto.

Non é o mesmo unha vía urbana que unha rural

"Non é o mesmo evitar que un can ensucie o medio público que ensucien as vías" as vacas, sinalou Elvira Cienfuegos, quen dixo que o Concello non tivo en conta que se trata dunha zona agropecuaria en concentración parcelaria.

Ademais de reclamar a retirada da sanción, o BNG demanda que, do mesmo xeito que hai limpeza nas vías urbanas, tamén se realice no rural e que se sinalicen as vías de animais en tránsito.

"Os animais das explotacións agroganadeiras teñen uns comportamentos fisiolóxicos semellantes en todas partes sen que xeren propostas de sanción", sinalou a concellala, para quen o Concello crea un precedente "insólito, perigoso e inaceptable", concluíu.

Vaca realizando as súas necesidades fisiolóxicas
Vaca realizando as súas necesidades fisiolóxicas | Fonte: GC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 sionllesa adoptada

Me encanta galego exiliado Es un escandalo Estos señoritos no saben donde van a vivir

4 compostura

É de chiste, pero digo eu... ¿Non había unha verba, un xiro menos ordinario, vulgar, malsoante, barriobaixeiro que "cagar"? O que escribiu a nova di na casa que vai cagar ou mais ben emprega outra forma mais civilizda, elegante, culta, etc.?

3 José

O que tinham e que ir cagar diante da câmara municipal lá não faz mal a me,rda de verdade está dentro.

2 galegoexiliado

Pois moi vien moi vien, porque ajora nel rural no es coma antes, ajora hai muchos chaletes de jente bien, y cuando vas a la capital, pa ir a la Junta o al restorante, no puedes ir con las rodas del aiga cheas de bosta. Además está el torismo rural que se yeban una imagen tercermundista aparte de mancharse con la vosta de las bacas, por no hablar del efeto en la caspa de ozono. Además que en esa aldea non votaron al pepe. Que usen "Dodotis la vaca que rie"

1 eusi

Agustincito Hernández, como buen exconsellero de medio ambiente, lleva en sus guenes la limpieza (sea étnica, lavado mental o de cualquier tipo del estilo PPaifoco). Y como va ser menos contra las cagadas de las vacas? En el centro de Santiago hai montones de cagadas de pirritos de los urbanitas, pero son piquiñitas y no molestan... pero las bosteiras en la aldea! eso si que no!