Miñones pide "prudencia" aos condutores dos 800.000 desprazamentos que se prevén en Galicia este fin de semana

Por E.P. | A CORUÑA | 29/07/2022 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, pediu "prudencia ao volante" e respecto ás normas de tráfico aos condutores dos 800.000 desprazamentos que se prevén este fin de semana nas estradas galegas para a segunda operación especial deste verán. En toda España, segundo puntualizou, a previsión supera os 6,9 millóns de movementos nestas datas.

Miñones destacou que este ano se produce unha "circunstancia moi singular" ao coincidir os fins de semana "con datas moi significativas como este primeiro de agosto". O mesmo sucederá o próximo día 15 que é "festivo e luns e prolongarase tamén ese fin de semana", avanzou.

OPERATIVO

"Estamos a incrementar a presenza policial e os sistemas de control nas estradas para garantir a seguridade", sinalou o delegado respecto ao operativo que arrinca este venres ás 15,00 horas e estenderase ata as 24,00 horas do luns 1 de agosto. O obxectivo é "como sempre" ter "cero vítimas mortais" nas estradas, indicou.

Jose Miñones destacou que as provincias de Pontevedra e A Coruña son as que soportan "maior porcentaxe" de desprazamentos, "ao redor de 28% e 25%, respectivamente". O delegado do Goberno fixo estas declaracións este venres a preguntas dos xornalistas antes de reunirse con representantes do sector das industrias culturais en relación ao Bono Cultural Mozo.

Atasco de tráfico na saída de Santiago de Compostela / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press
Atasco de tráfico na saída de Santiago de Compostela / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta