Santiago propón ampliar o aforamento dos trens Alvia a 400 prazas ante o "baleiro" dos Avril

O aeroporto da capital galega supera os datos do primeiro semestre de 2019 cun millón de viaxeiros no que vai de 2022

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2022 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

O Consistorio de Santiago de Compostela propuxo a ampliación da capacidade dos actuais trens Alvia ata as 400 prazas para "compensar o baleiro" da tardanza dos Avril.

Segundo precisou este venres o alcalde da capital galega, Xosé Sánchez Bugallo, conseguir un billete de tren de Santiago a Madrid --ou viceversa-- é "moi difícil". "Hai moita demanda e a oferta é insuficiente, non queda cuberta", asegurou Bugallo.

"Pedimos que mentres non cheguen os trens Avril se amplíen o número de trens Alvia ou que se aumenten o número de vagóns para ter máis prazas, así se compensa a menor capacidade que teñen en relación cos trens Avril, que chegan ata as 600 prazas", aclarou o edil compostelán.

CIFRAS 'MARCA'

Doutra banda, o aeroporto de Santiago de Compostela "bateu marcas" situándose como un dos dous únicos aeroportos españois nos que os datos do primeiro semestre de 2022 superaron aos de 2019, segundo asegurou Bugallo este venres.

De acordo cos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), en xuño chegaron á capital galega uns 300.000 viaxeiros aeroportuarios e un total de case un millón de pasaxeiros no seis primeiros meses do ano.

FESTAS DO APÓSTOLO

Ademais, o alcalde destacou a afluencia de persoas durante as festas do Apóstolo: "Todo estaba cheo, había moitísima xente pero o ambiente era pacífico". Nesta liña, Bugallo tamén agradeceu á cidadanía o seu "comportamento cívico superior" que permitiu que as celebracións discorresen "con normalidade".

Xosé Sánchez Bugallo nunha rolda de prensa / Europa Press / Europa Press
Xosé Sánchez Bugallo nunha rolda de prensa / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta