Extinguido o incendio en Vilariño de Conso tras arrasar 7.000 hectáreas durante dúas semanas

O incendio comezou o 15 de xullo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/07/2022 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

O incendio que se iniciou o 15 de xullo no concello ourensán de Vilariño de Conso, na parroquia de Padroalbar, foi declarado extinguido. Así o informou o Servizo 085 contra incendios, dependente da Xunta de Galicia, en redes sociais.

Segundo as últimas estimacións, as chamas acabaron cunha superficie de 6.999,36 hectáreas, das que 1.226 foron de arborado e o resto de monte raso.

Agora mesmo, ademais, permanecen activos dous lumes en concellos ourensáns, o de Castrelo de Miño e un en Maside.

Condutor de motobomba carga o camión de auga desde o río Balboa, en Pradoalbar, a 22 de xullo de 2022, no incendio forestal nas inmediacións de Vilariño de Conso
Condutor de motobomba carga o camión de auga desde o río Balboa, en Pradoalbar, a 22 de xullo de 2022, no incendio forestal nas inmediacións de Vilariño de Conso | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta