O Consello Galego de Pesca carga contra os "ataques" dos ecoloxistas que danan a frota do país

Apela á Comisión Europea e demais autoridades competentes a reaccionar.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/07/2022 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

O Consello Galego de Pesca traballa sobre un borrador de declaración que condena os "ataques" de organizacións ecoloxistas contra a frota galega, que tacha de "totalmente inxustificados" ao producirse contra buques "que faenan de forma legal, cumprindo e respectando as normas pesqueiras internacionais e nacionais".

Golfiños arredor dun barco de pesca
Golfiños arredor dun barco de pesca | Fonte: BDRI.

Neste punto, o documento --que se atopa en fase de borrador e que o luns será enviado á Comisión Europea-- apela á Comisión Europea e demais autoridades competentes a reaccionar contra uns actos que, aseguran, "se levan repetindo desde hai anos" e que danan "a boa imaxe e nome do sector pesqueiro galego".

Tras a reunión do Consello, a Consellería do Mar, que dirixe Rosa Quintana, trasladou, ademais, que se formaron dous grupos de traballo. Un encargado de analizar a proposta da Comisión Europea sobre a creación de zonas marítimas protexidas e outro para traballar sobre o proxecto de lei estatal de pesca sustentable e investigación pesqueira.

Na mesma sesión designáronse dous vogais para formar parte da Rede entre o sector pesqueiro e organismos científicos de Galicia.

Esta alianza ten como fin, remarca a Xunta, obter información para a xestión de ordenación pesqueira dentro da comunidade galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta