A Xunta apunta aos pirómanos nos últimos lumes: "tentan buscar vítimas mortais"

O director xeral de Defensa do Monte di que tras os grandes lumes provocados polos raios volven agora "os de tipoloxía tradicional".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/07/2022 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, sinalou que, tras unha vaga de lumes hai dúas semanas provocada por raios, na última semana volveron os incendios dunha "tipoloxía máis tradicional", xa que apunta á súa "intencionalidade".

Así, nunha entrevista na TVG recollida por EP,  refírese a un lume que tivo lugar o pasado venres no municipio de Maside (Ourense) cunha "clara intencionalidade".

Condutor de motobomba carga o camión de auga desde o río Balboa, en Pradoalbar, a 22 de xullo de 2022, no incendio forestal nas inmediacións de Vilariño de Conso
Condutor de motobomba carga o camión de auga desde o río Balboa, en Pradoalbar, a 22 de xullo de 2022, no incendio forestal nas inmediacións de Vilariño de Conso | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

De feito, indica que non se pode falar dun incendio "estritamente forestal" porque se produciu "a 100 metros das casas", no que identifica con "tentar buscar algunha vítima mortal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta