Sabes cal é o excepcional escenario elexido polas Tanxugueiras no seu último videoclip?

Boa parte de "Fame de Odio" está gravado nun dos edificios máis emblemáticos da USC.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/07/2022 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

"Fame de Odio", o último videoclip das Tanxugueiras ten un escenario digno da súa gran última posta en escena. Trátase da Biblioteca América situada no Pazo de San Xerome, no edificio do reitorado da USC, nunha sala cun belísima andel barroco procedente do mosteiro de San Martin Pinario.

Fame de odio, novo videoclip das Tanxugueiras
Fame de odio, novo videoclip das Tanxugueiras

Alí atópase unha colección multidisciplinar e enciclopédica única, con obras de botánica, manuais de dereito, libros de medicina, ou breves folletos sobre obras públicas, por pór só algúns exemplos. Tamén se atopa o libro máis antigo de Galicia, o Libro das Horas de Fernando I, datado de 1055.

A Biblioteca América, ademais de material bibliográfico, conta cunha importante colección numismática, cartográfica, así como de flora, fauna e minerais. Un total de dezaseis bustos percorre a sala principal da Biblioteca América. Trátase de representacións dos principais próceres latinoamericanos e de figuras relevantes da política e intelectualidade de fins do século XIX e principios do XX (San Martín, Sucre, Miranda, Bolívar, Artigas). A maioría confeccionados en mármore ou bronce. 

Precisamente, entre eses bustos e esas xoias de libros gravouse parte deste novo videoclip das tanxugueiras. Un escenario perfecto para o novo significado do seu último tema

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta