Envorca conducindo drogado e sen carné na A-52 ao seu paso por Ribadavia

Por E.P. | OURENSE | 30/07/2022 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

Un home de 57 anos que non conta con carné de conducir sufriu un accidente na noite do venres na A-52 ao seu paso por Ribadavia. Segundo informa a Garda Civil, o individuo, veciño de Pontevedra.

O sinistro produciuse por unha saída de vía, con posterior envorco, na autovía das Rías Baixas, a A-52, á altura do quilómetro 241, sentido Benavente. Os dous ocupantes resultaron ilesos.

Tras dar positivo nunha sustancia estupefaciente no test indiciario efectuado no punto do sinistro, recolleuse unha mostra de saliva para a súa remisión ao laboratorio que será, en última instancia, quen emita o resultado definitivo.

Estes feitos, que son postos en coñecemento da autoridade xudicial, supoñen que o home é investigado como autor dun delito contra a seguridade viaria ao conducir un vehículo a motor sen obter nunca o permiso.

Un condutor sen carné e positivo en drogas sofre un accidente en Ribadavia. GARDA CIVIL
Un condutor sen carné e positivo en drogas sofre un accidente en Ribadavia. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta