A Xunta prensenta a polémica reforma que transformou a estrutura medieval de Ponte Nafonso

As obras de acondicionamento foron duramente criticadas por modificar a súa estrutura tradicional.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2022 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A ponte Nafonso, que une os municipios coruñeses de Noia e Outes na estrada AC-196, xa ten iluminación . Unha polémica iluminación que a Xunta di que sirve para reforzar a seguridade de vehículos e peóns que transitan a zona e que para distintos colectivos foi un atentado contra o patrimonio histórico desta ponte medieval.

Iluminación ponte Nafonso.. XUNTA
Iluminación ponte Nafonso.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Segundo destacou a Xunta nun comunicado, esta actuación forma parte dos traballos de rehabilitación impulsados pola administración autonómica que se atopa na súa fase final, cun investimento de máis de 700.000 euros.

O proxecto inicial propuña unha instalación dunha varanda metálica, cun deseño previsto para a contención de vehículos cunha velocidade de 50 quilómetros por hora. No entanto, a limitación a 20 ou 30 quilómetros por hora provocou que fose necesario optar por colocar un limiar de pedra.

Por outra banda, a obra tamén inclúe a substitución do pavimento e da varanda, así como a limpeza dos paramentos exteriores coa finalidade de mellorar o seu aspecto estético e mantela en bo estado de conservación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta