Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Ponte Caldelas: "queremos máis médicos"

Piden unha "sanidade de calidade" no municipio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2022 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

Máis dun milleiro de persoas manifestáronse este domingo en Ponte Caldelas por unha atención sanitaria "de calidade" no municipio.

Con proclamas como 'Ruea escoita, Ponte Caldelas está en loita' e 'Queremos máis médicos', os participantes percorreron as rúas que separan o Concello da Alameda de Ponte Caldelas.

Rexeitan así "os continuos recortes que minguan a calidade da atención no centro de saúde e Ponte Caldelas" onde, segundo reclaman, pasouse de ter tres médicos a tan só un, ademais de non contar cunha atención continuada de Pediatría.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, que tamén participou, destacou que "nunca a atención sanitaria estivera tan debilitada e nunca estiveramos tan mal como neste momento" en referencia á "precariedade" que enfrontan os pacientes que acoden ao centro de saúde da localidade.

Díaz espera que esta manifestación "sirva para que a Xunta de Galicia tome medidas e lle devolvan á cidadanía a atención sanitaria de calidade e en igualdade".

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Ponte Caldelas por unha 'sanidade de calidade' no municipio. CONCELLO DE PONTE CALDELAS
Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Ponte Caldelas por unha 'sanidade de calidade' no municipio. CONCELLO DE PONTE CALDELAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta