As ameazas de Yolanda Castaño pechan os ‘Aduaneiros sem Fronteiras’

A publicación de referencia no humor gráfico da internet galega, os ‘Aduaneiros sem Fronteiras’, pechou hoxe. A razón, as ameazas legais lanzadas pola poetisa e comunicadora Yolanda Castaño. Os ‘Aduaneiros sen Fronteiras’ publicaran unha animación na que os internautas podían vestir e desvestir a Castaño.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/10/2007 | Actualizada ás 21:23

Comparte esta noticia

Os Aduaneiros recibiron unha carta do avogado de Castaño na que ameaza cunha "demanda xudicial por delitos de inxurias con publicidade". Os humoristas decidiron pechar a popular páxina "mentres o noso lexítimo dereito á liberdade de expresión non se vexa a salvo de coaccións xudiciais fóra de lugar".

Dáse a circunstancia que Yolanda Castaño ten colaborado con moitos medios de comunicación, entre eles La Voz de Galicia, A Nosa Terra, El Progreso, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego, El Mundo e Galicia Hoxe. Na actualidade é responsábel da tenda do Grupo Sargadelos na Coruña.

En todo caso, as novos chistes gráficos duns dos autores dos Aduaneiros, Berto Yañez, seguen en liña na súa web Ber.to.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

17 Félix

Un episodio patético. Coido que a poetisa tería que facer un esforzo a prol da tolerancia e do humor, pois o xogo de cambear virtualmente a roupa dunha imaxe non é nin moito menos denigrante.

16 cristo_mejide

O mundo da cultura galega, o olimpo da mesma, é un mundo pechado, conservador e baseado no lexitimismo dos clanes ou amizades. Fíxense no funcionamento de certas institución relacionadas co orbe cultural. Hai comunistas, hai nacionalistas, hai troskistas, hai... E todos son coma o pasado, coma os do partido da grosa e negra sombra de palomares. En todo caso Yoli é un derivado do "piñeirismo" e similares.

15 xa está ben

In pce leones, in proelio cervi (ou "corderillos"). Viva a progresía e o intelectualismo que ameaa con querelas cando a chanza lle toca a ela. Se a poeta se atopa daquesa forma como estarán as súas vítimas (que habelas, hainas -como as meigas-)?

14 nostromo

No se por que tanta sorpresa. Hay un fenomeno que yo denomino "Fame Negra" que se manifiesta en ciertos progres (desgraciadamente ahora habra que incluir a losnacionalistas) por el cual en cuanto tocan pasta y/o poder se transforman en unso prepotentes y actuan de una forma contraria a lo que representan. En resumen en cuanto tocan carguiño o cuartiños pierden hasta la educacion que tanto exfuerzo les costo darle a sus pedres. En resumen esta señora es una "piga - ga"

13 marta

Iolanda Castaño quere facerse rica e famosa e a poesía impórtalle un corno, ela está con quen lle dea cartiños pra o peto. Hai moitos así, Ioli, xa tardabas.