As ameazas de Yolanda Castaño pechan os ‘Aduaneiros sem Fronteiras’

A publicación de referencia no humor gráfico da internet galega, os ‘Aduaneiros sem Fronteiras’, pechou hoxe. A razón, as ameazas legais lanzadas pola poetisa e comunicadora Yolanda Castaño. Os ‘Aduaneiros sen Fronteiras’ publicaran unha animación na que os internautas podían vestir e desvestir a Castaño.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/10/2007 | Actualizada ás 21:23

Comparte esta noticia

Os Aduaneiros recibiron unha carta do avogado de Castaño na que ameaza cunha "demanda xudicial por delitos de inxurias con publicidade". Os humoristas decidiron pechar a popular páxina "mentres o noso lexítimo dereito á liberdade de expresión non se vexa a salvo de coaccións xudiciais fóra de lugar".

Dáse a circunstancia que Yolanda Castaño ten colaborado con moitos medios de comunicación, entre eles La Voz de Galicia, A Nosa Terra, El Progreso, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego, El Mundo e Galicia Hoxe. Na actualidade é responsábel da tenda do Grupo Sargadelos na Coruña.

En todo caso, as novos chistes gráficos duns dos autores dos Aduaneiros, Berto Yañez, seguen en liña na súa web Ber.to.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 42 comentarios

12 Mariño

Que raro que non apareceu na rede defendendo a Yolanda a súa amiga Marga. Outras veces ben que escribía.

11 Mariano Grueiro » Blog Archive » Yolanda Castaño ….. ¿por que non me defendiches ante Fraga no 2004?

[...] Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráfico “Tu Quoque Iolanda?” e os comentários a ele adjuntos, sob ameaça de demanda judicial por delitos de injúrias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa, Aduaneiros sem Fronteiras, questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site por enquanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fora de lugar. [...]

10 Manuel

A páxina estaba mui ben. Non vexo o que tiña de ofensiva.

9 Xos

Paréceme unha xogada (intelixente) dos Aduaneiros para deixar á Yolanda Castaño en evidencia, como censora.
Manda carallo coa muller esta, iso si, recoñécolle a súa capacidade para achegar a poesía e ao galego a oitos novos. O que non lle dá dereito a quedar fóra da crítica satírica.

8 QUIQUE

Iolanda está boísima.