Segue hospitalizada a irmá do bebé morto en Lalín con síntomas de desnutrición

A investigación dos feitos continúa en mans da Fiscalía de Menores.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/08/2022 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

A irmá do bebé falecido o xoves en Lalín con síntomas de desnutrición segue ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), mentres que a investigación dos feitos continúa en mans de Fiscalía de Menores.

Nai e o seu bebé
Nai e o seu bebé | Fonte: EP - Arquivo

Así o asegurou este luns o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, en declaracións aos medios durante un acto en Ames, no que dixo non ter "novidades" respecto deste caso.

As forzas de seguridade aínda están pendentes do resultado da autopsia ao bebé de dous meses que chegou nunha situación moi crítica á PAC de Lalín na noite do xoves e que acabou falecendo, a pesar das manobras de reanimación e do traslado ata Santiago en ambulancia.

A súa irmá, desde entón, está ingresada no CHUS nunha situación "desde logo mellor, pero tampouco o máis idónea posible", tal e como confirmaba o pasado venres o propio delegado do Goberno.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta