Un de cada catro delitos cometidos en Galicia é unha estafa telemática

A taxa de esclarecemento de delitos informáticos sobe un 20%.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 01/08/2022 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

Un de cada catro delitos cometidos en Galicia é unha estafa telemática e a taxa de esclarecemento deste tipo de ilícitos crece "ano a ano", cunha taxa dun 20 por cento no que vai de 2022.

O delegado do Goberno, José Miñones, xunto co Equipo Arrob@ da Garda Civil de Ames
O delegado do Goberno, José Miñones, xunto co Equipo Arrob@ da Garda Civil de Ames | Fonte: DELEGACIÓN DO GOBERNO.

Son cifras que deu o delegado do Goberno na Comunidade, José Miñones, quen este luns se desprazou ata o Posto da Garda Civil en Ames, que é sede dun dos Equipos Arrob@, para facerlles entrega dun premio do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia á mellor iniciativa TIC da administración pública.

"Detrás destas cifras está o traballo dos homes e mulleres dos corpos e forzas de seguridade do Estado e o empeño deste Goberno por que podamos vivir as nosas liberdades e dereitos con seguridade, sexa cal for a contorna, real ou virtual", explicou o delegado.

Os Equipos Arrob@ son seis unidades especializadas en ciberdelincuencia despregadas nas catro comandancias e que non só se ocupan de esclarecer este tipo de delitos, senón tamén de asesorar e formar a outras unidades policiais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta