Os mozos galegos, ante a migración: "é un fenómeno interiorizado pero non integrado"

As mulleres contan con posturas máis aperturistas que os homes.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2022 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A maioría dos mozos galegos considera que os inmigrantes reciben un trato negativo no país. Esa é a conclusión dun informe da Fundación SM que ten en consideración os datos das catro provincias xunto con outros de Asturias e Cantabria. O 57'1% da poboación á que se realizou a enquisa, todos eles mozos, valora o trato que se dá ás persoas inmigrantes como “desconfiado” e “despreciativo”

Arquivo - Viaxeiros con maletas na terminal T-4 no Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas, a 13 de abril de 2022, en Madrid (España).. Alberto Ortega - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Viaxeiros con maletas na terminal T-4 no Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas, a 13 de abril de 2022, en Madrid (España).. Alberto Ortega - Europa Press - Arquivo

Pola contra, tan só o 19% asegura que son tratados con normalidade, e un 6% con respecto. Percíbese, por unha banda aceptación da mocidade cara á inmigración, se ben o mesmo estudo, explican os autores, apunta a certa ambivalencia: "apréciase tolerancia cara á diversidade cultural, pero sen chegar a integrala realmente. Non perciben a inmigración como unha ameaza ou competencia respecto a os recursos, pero desconfían da súa contribución ao desenvolvemento socioecnómico e á capacidade do noso país de asumir certos volumes de inmigración", explican.

MÁIS TOLERANCIA

No colectivo de mozos obsérvase unha naturalización do fenómeno migratorio, e unha maior tolerancia e sensibilidade cara ás persoas migrantes”, asegura Ariana Pérez, coordinadora do Observatorio da Mocidade en Iberoamérica e investigadora do estudo. Unha circunstancia na que podería ter influencia o feito de que parte destes mozos teñan tamén a posibilidade de verse empurrados ao extranxeiro ante a mala situación económica.

“Esta conclusión engade consistencia á idea que identifica a tolerancia e a defensa da diversidade como grandes marcas xeracionais da mocidade actual”, remarca á súa vez Juan María González-Anleo, investigador do informe "Novos españois 2021". A este respecto, obsérvase que as mozas sosteñen percepcións moito máis aperturistas e positivas que os mozos con respecto ao fenómeno migratorio en xeral, con distancias de máis de dez puntos porcentuais nas cuestións máis “duras”, como as que asocian a migración cun aumento da delincuencia ou a percepción de que en España hai un número excesivo.

DATOS GALEGOS

Dos 47 millóns de habitantes que ten o Estado, máis de cinco millóns son de orixe estranxeira. Galicia conta actualmente con máis de 152 000 persoas inmigrantes, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística. O mes de xullo atópase entre os meses do ano con maior porcentaxe de fluxo migratorio, pola oferta de traballo que se xera debido á chegada das vacacións e a época estival, sendo setembro e outubro meses tamén de gran afluencia de persoas inmigrantes ao noso país.

E é que, a teor dos datos do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, en 2050, o 18% dos traballadores serán estranxeiros. As proxeccións da Organización Mundial da Saúde e de Nacións Unidas vaticinan que a baixa natalidade e o envellecemento provocarán que a poboación en idade de traballar caia dos dous terzos (en torno ao 65%) á metade no próximas tres décadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta